X hits on this document

Word document

COÑECEMENTO DO MEDIO 5.º CURSO - page 99 / 132

481 views

0 shares

0 downloads

0 comments

99 / 132

-

Ficha 11 de control.

-

Recursos na rede:

-

Sectores económicos en España.

http://w3.cnice.mec.é/eos/MaterialesEducativos/mem2002/mapa/

Actividades para poñer en práctica os coñecementos que os alumnos teñen sobre a economía española.

-

Actividades con mapas.

-

Galicia.

-

Atlas escolar Primaria.

-

Novo dicionario da lingua galega.

ACTIVIDADES E SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

-

Antes de iniciar a lectura da páxina 141, Conservar o peixe, preguntar aos alumnos como imaxinan unha fábrica, como é o lugar, que se utiliza para fabricar os produtos, como son as persoas que traballan alí, que tipo de roupa levan...

-

Tras a lectura, formular preguntas como as seguintes:

-

Os personaxes desta historia, traballan? Por que o dis?

-

Que diferenza consideras que hai entre o secadoiro da avoa e a fábrica da neta?

-

Que significa a expresión «o negocio empezou a decaer»?

-

Que materiais utilizaron para conservar o peixe ao longo dos anos??

-

Pedir aos alumnos que describan a fotografía da páxina 140 tendo en conta que o tema que se estuda nesta unidade é o da economía. Iniciar o traballo con algunhas destas preguntas: Que fan as persoas? De que sexo son? Como van vestidas? Como é o sitio no que están? É un comercio ou unha fábrica? Que fabrican? Utilizan máquinas?

-

Se o considera conveniente, que o profesor explique que a fabricación de conservas, así como a súa comercialización, constitúen unha actividade económica. E que as actividades económicas se distribúen en sectores económicos. Pregúntelles aos alumnos se lembran de cursos anteriores cales son eses sectores.

-

Tras realizar a segunda actividade do apartado Falamos da páxina 141 propoñer unha reflexión sobre para que traballan as persoas. Se o considera conveniente, iniciar a reflexión desde o máis próximo para os alumnos preguntándolles para que cren que traballan os seus pais e que cren que pasaría se non traballasen.

-

Propóñalles aos alumnos decidir os tipos de negocios que quererían montar para cando sexan adultos e que os relacionen co seu contorno.

99

Document info
Document views481
Page views481
Page last viewedFri Dec 09 14:17:53 UTC 2016
Pages132
Paragraphs3899
Words45237

Comments